domingo, 14 de abril de 2019

O río dos dous nomes

No lugar de Xora da parroquia de Santa María de Ois (Coirós) hai unha preciosa ruta que nos permite coñecer e disfrutar dun tramo do río Fervenzas no que atopanmos unha fermosa paisaxe e restos de construcións asociadas ao aproveitamento deste cauce fluvial.
Clicando na imaxe podedes acceder a unha galería de imaxes desta ruta:
No percorrido, de pouco máis de 3 quilómetros podemos ver diversos muíños, unha ferrería (O Machuco de Ois) e os restos do que foi un batán. Tamén atopamos unha minicentral, a fábrica de luz dos Núñez. 
Os continuos desniveis do terreo propiciaban este aproveitamento da forza da auga para mover os diversos mecanismos que albergaban todas estas construcións.
A ruta de sendeirismo identificada, como PRG-35, é de tipo circular. Iníciase e remata nunha pequena área de recreo situada na Pote de Xora. Alí atópase un panel informativo que inclúe diversa información da ruta que acontinuación podedes ver:

Plano de situación:

Vídeos sobre o funcionamento das construcións para o aproveitamento do río: